martes, 22 de enero de 2019

1º CUESTIONARIO


NOME, APELIDOS ….......................................................................................................
 
CURSO ….... Nº ...


SINALA A OPCIÓN (OU OPCIÓNS) QUE CONSIDERES CORRECTA.

1.- Cal cres que é a definición de MICROMACHISMO?
    - Machos pequenos.
    - Machismo de baixa intensidade.
    - Modelo alternativo e positivo de protección da muller.

2.- O rol, papel, da muller na publicidade correspóndese a:
    - Estereotipos (tópicos mentais simples).
    - Realidade. A muller debe ser dominada e lucir o seu corpo para vender calquera produto.
    - Non hai anuncios sexistas.

3.- Como é tratada a muller nos eventos deportivos:
    - como un adorno?
    - como un ser que pode competir en igualdade?
    - No deporte non hai machismo.

4.- Que lles sucedeu ás dúas mulleres árbitras?
    - Unha deixou a arbitraxe.
    - Foron insultadas.
    - Sufriron violencia.

5.- Recordas que porcentaxe de ministras houbo nestes  40 anos de democracia:
        - ningunha 
        - 18%
        - 36%      
        - 54 %

6-  Que son as cotas obrigatorias?
   - Un mecanismo equitativo para facer presente á muller en postos de decisión.
   - Un mecanismo para que mulleres  sen talento accedan a cargos directivos.
   - Implica un equilibrio na representación de homes e mulleres na política.

7.- Na música non hai machismo:   FALSO - VERDADEIRO
       -  Só no reggaeton    
       - En calquera xénero 
       - En ningún xénero
  
8.- Un cantante denunciado polas súas letras explica que o que quería era “ que la mujer se sienta mujer” , “ y que el hombre se sienta hombre”. Como consideras estas expresións:
     - Nácese con distinta peronalidade segundo o sexo.
     - Estou de acordo co que di.
     - Correspóndese a estereotipos machistas.

9.- Como consideras os piropos:
     - Comportamentos violentos que avergonzan a quen os recibe.
     - Débese considerar como algo normal que gusta ás mulleres.
     - Comportamentos propios da boa educación e o respecto.

10.- Na reportaxe mostraban a unha nena e a un neno de catro anos xogando, e preguntábase: “ Que futuro de desigualdade lles espera?”. Escribe que futuro diferente nos dixeron que lles agardaba:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario